Asesoría xurídica online
especializada en dereito administrativo

A asesoría dos concellos e dos particulares na súa relación coa Administración

Xanela da Administración

Como asesoría para os concellos de Galicia que somos, comprendemos o mare mágnum normativo que caracteriza os tempos actuais, e que afecta de forma especial ás administracións locais. O anterior fai que, xunto ás ferramentas típicas coas que contan as grandes bases de datos do panorama estatal, resulte especialmente útil e atractivo outro tipo de solucións que, mediante o uso das novas tecnoloxías como instrumento base, den RESPOSTAS CONCRETAS  ESPECÍFICAS NECESIDADES DE SERVIZOS DE ASISTENCIA XURÍDICA existentes en cada entidade local. Este tipo de necesidades, se ben existen na maior parte das Corporacións Locais, habitualmente non poden ser asumidas por un cadro de persoal moitas veces insuficiente.

O apoio en labores de xestión administrativa e ás funcións a desempeñar por parte da Secretaría municipal constitúen a base dos servizos prestados desde a “Xanela da Administración Pública”. Así, seguindo as concretas directrices da propia Secretaría poderán elaborarse, entre outros:

O asesoramento e asistencia xurídica citados instrumentalizarase a través de tres modalidades diferentes:

CONSULTORÍA EN LIÑA contratada para un momento temporal concreto (trimestral, semestral ou anual) a través da que poderán canalizar as varias cuestións que xurdan no desenvolvemento por parte do funcionariado municipal das tarefas de xestión administrativa que aqueles teñan encomendadas. A mesma levarase a cabo, ben a través da sección propia do usuario da nosa páxina web, ben telefonicamente (segundo se determine polo Concello), no prazo máximo de 2 días hábiles, a contar dende a recepción da solicitude de consulta e a documentación requirida para a súa resolución.

APOIO TÉCNICO Á XESTIÓN ADMINISTRATIVA MUNICIPAL a través da redacción de documentos concretos, en base a peticións específicas e puntuais formuladas polo ente municipal. Este apoio levarase a cabo previa orzamentación individual e entrega das directrices a seguir, así como os datos e documentación necesarios para o seu desenvolvemento. Este servizo canalízase con carácter preferente a través da sección propia do usuario da nosa páxina web e, de resultar necesario, na propia sede municipal.

ASISTENCIA LETRADA EN XUÍZO, previa orzamentación individualizada dos asuntos encomendados.

SERVIZO DE IGUALAS, confeccionado a medida segundo as necesidades existentes en cada Administración.

Contacto