O Tribunal Supremo reiterou que as gratificacións por xubilación anticipada establecidas nos acordos das entidades locais teñen o carácter de retribución e, polo tanto, só poderían considerarse legalmente xustificadas se se basean nunha norma legal xeral sobre a remuneración dos funcionarios da administración local. A citada sentenza destaca que aínda que a disposición adicional 21a da Lei 30/1984 contemplaba medidas para incentivar a xubilación anticipada, non estableceu unha regulación precisa para o suposto de que estas medidas tivesen un carácter retributivo, polo que se estima o recurso de casación interposto contra a sentenza de 15 de febreiro de 2022, ditada pola Sección Terceira da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, na cal se determinaba o dereito dun policía local a percibir a prima de xubilación voluntaria e anticipada que solicitara.
Desta forma, a través da STS, de 27 de setembro de 2023, nº 1190/2023, rec.2589/2022, o Alto tribunal unha vez máis volve declarar a invalidez dos incentivos á xubilación anticipada acordados polos Concellos, como xa ocorrera anteriormente nas sentencis número 2747/2015, 2717/2016, 459/2018, 1183/2021 e 682/2022.