Xanela Formativa
CADERNOS CIDADANÍA
Son cadernos cuxa finalidade é formar á cidadanía en cuestións de índole xurídica que teñen directa repercusión na vida cotiá da xente, da forma máis comprensible e clara posible. Os mesmos están concibidos para ser un apoio dunhas xornadas formativas levadas a cabo polo noso equipo nos Concellos que estean interesados en achegar este tipo de cuestións aos seus cidadáns; e teñen como obxectivo principal ofrecer aos particulares unha exposición máis directa e amena dos temas tratados.
FORMACIÓN OPOSITORES
A través das clases impartidas preténdese prestar apoio na preparación de oposicións ao SERGAS; e aos Grupos C1 e C2 da XUNTA. Esta formación levarase a cabo a través de grupos -dun mínimo de 5 persoas-.
Tamén se prestará axuda a aqueles opositores que pretendan acceder aos distintos grupos da Escala Xeral dos Concellos galegos. Neste caso, poderá prestarse, a través de cursos por materias ou mediante a preparación persoal.
Tamén se prestará axuda a aqueles opositores que pretendan acceder aos distintos grupos da Escala Xeral dos Concellos galegos. Neste caso, poderá prestarse, a través de cursos por materias ou mediante a preparación persoal.
FORMACIÓN CONCELLOS
A través da formación para concellos póñense ao dispor destes unha serie de cursos en formato dixital cuxo fin non é outro que paliar as deficiencias formativas coas que se atopan os funcionarios municipais en materias relacionadas co desempeño práctico e diario das súas funcións.
Por outra parte, nesta sección publicaremos cuestionarios temáticos, cuxo obxectivo principal será analizar diversos temas relacionados co Dereito Administrativo local, especialmente sobre as materias de contratación e persoal.
XORNADAS