Asesoría xurídica online
especializada en dereito administrativo

A asesoría dos concellos e dos particulares na súa relación coa Administración

Formación opositores

Grupos

A preparación das seguintes oposicións realizarase a través da formación de grupos, dun mínimo de 5 persoas.

Concellos

Neste caso, a formación levarase a cabo a través das dúas modalidades que se expoñen a continuación:

Preparación personalizada.

O noso equipo preparará un plan de preparación específico para afrontar a túa oposición de maneira máis completa e eficaz.

Os cursos de preparación de oposicións a concellos están especificamente deseñados partindo da dificultade de articular un temario común para todas as oposicións a concellos no ámbito da Comunidade Galega.

Considerando que para o acceso a cada un dos grupos, as convocatorias difiren substancialmente entre uns concellos e outros, estimamos necesario configurar un temario amplo repartido en cursos de diferentes materias para que cada potencial usuario poida establecer a súa propia orde de prioridade entre os diferentes campos materiais que definen este tipo de oposicións.

Os cursos en oferta son os seguintes:

✓ Curso materias troncais: Constitución, Estatuto Autonomía e Procedemento Administrativo Local.

✓ Curso réxime Local: Lei Bases Réxime Local, ROF e LALGA.

✓ Curso Contratación Pública municipal.

✓ Curso Persoal das Administracións Públicas Locais Galegas.

✓ Curso básico en materia de contratación, bens e persoal das Administracións públicas Galegas.

✓ Curso Facenda Local e normativa en materia de subvencións.

✓ Curso materiais transversais: Protección de datos, igualdad,e prevención de riscos.

A metodoloxía é similar en todos eles:

✓ Clases presenciais e on line sobre temas configurados polo profesorado.

✓ Test a traballar polo alumnado e corrixir na clase incidindo sobre o porqué da elección dunha uu outra opción.

✓ Casos prácticos a resolver individualmente polo alumnado sobre as materias a impartir e corrixir tamén na clase.

✓ Titorías para resolucións de cuestións de xeito individual según se necesite.

Se bota en falta formación relacionada con algún tema concreto que resulte do seu interese, deixe aquí a súa suxerencia: