Equipo Humano
A experiencia práctica demóstranos que, amén de complicado, resulta imposible, abordar a resolución de controversias xurídicas dende unha perspectiva única e xeral. É por iso que Xanela Xurídica xorde como un equipo de profesionais de carácter multidisciplinar no que, pese ao especial peso da formación e experiencia no ámbito do dereito administrativo local; encádranse, ademais, asesores e avogados especialistas en dereito bancario, laboral e civil; capaces de ofertar un asesoramento integral, tanto ás Administracións Públicas, como aos cidadáns e empresas e comunidades de propietarios nas súas relacións con aquelas.
En efecto, a formación académica e experiencia profesional dunha boa parte do equipo céntrase nunha área do dereito, por se; de gran complexidade e embergadura; o dereito administrativo Local. Traballos levados a cabo nas propias administracións, a asesoría xurídica para un número importante de concellos, e a colaboración con bases de datos de recoñecido prestixio a nivel nacional no campo da consultoría xurídica á Administración Local; atópase así na base curricular dunha boa parte deste equipo de traballo.
Con todo, a colaboración -no seo de Xanela Xurídica- deste tipo de profesionais con asesores especializados noutras ramas do dereito e profesionais doutra índole; fan do proxecto que a mesma subscribe; unha solución útil e eficaz, tanto para as Administracións Públicas locais como para os cidadáns nas súas relacións con aquelas.
Todos eles teñen a posibilidade de contar, en Xanela Xurídica, cun asesoramento realizado preferentemente en liña co que se pretende achegar solucións concretas a problemáticas e necesidades de servizo específicas; e polo tanto; un asesoramente rápido e eficaz, que vai, desde a redacción en liña de consultas e informes xurídicos, ata a asistencia e dirección letrada en xuízo; pasando pola redacción de demandas, reclamacións, escritos de alegacións e recursos, tanto administrativos, como ante as diferentes ordes xurisdicionais; pregos administrativos e técnicos, plans de igualdade, estudos de custos…
Xanela Xurídica configúrase así como unha alternativa xurídica de carácter bifronte en tanto que acolle solucións, tanto para os particulares, como para a Administración Pública local e todos os seus axentes.
Forman parte do equipo de profesionais que conforman o noso proxecto: