Asesoría xurídica online
especializada en dereito administrativo

A asesoría dos concellos e dos particulares na súa relación coa Administración

Curso Aspectos Prácticos do Procedemento Administrativo no ámbito municipal

Ficha do curso

OBXECTIVOS

✓ Coñecer e diferenciar as fases do procedemento administrativo común, determinando os trámites que se realizan en cada unha delas.

✓ Aplicar o contido da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas no campo municipal, indagando na doutrina e xurisprudencia relacionada coas cuestións máis controvertidas que xera a aplicación práctica da citada Lei no ámbito local.

✓ Facilitar modelos de documentos que comunmente forman parte dos procedementos administrativos tramitados en sede municipal e aprender a redactar a documentación que integra os expedientes do procedemento administrativo común.

CONTIDOS

✓ Trátase dun curso didáctico en formato dixital (PowerPoint), cunha parte teórica que se estrutura en catro temas (Introdución; Incoación e ordenación; Instrución e Resolución do procedemento administrativo común). Nesta parte, ademais de ver os artigos da Lei 39/2015, de 1 de outubro, que regulan as fases do procedemento administrativo, recompilouse doutrina e xurisprudencia considerada esencial para dar resolución a problemáticas que non se concretan na propia normativa xurídica, pero que poden xurdir durante a realización das tarefas diarias do funcionariado.

✓Conta tamén cunha parte práctica, conformada por modelos de formularios e documentos administrativos, que pretenden ser unha axuda para os funcionarios á hora de abordar a tramitación dos diversos procedementos administrativos e proceder á redacción dos diferentes documentos que o conforman.

✓ O sistema de avaliación deste curso, estará composto por test e exercicios prácticos, que terán como finalidade valorar e consolidar os coñecementos adquiridos polos funcionarios durante o curso.

METODOLOXÍA

✓ A aprendizaxe realizarase a través da área privada desta mesma páxina web, á que os funcionarios terán acceso por medio dun usuario e contrasinal que se lles entregará.

✓ A formación será de carácter online, o que permitirá aos empregados públicos conectarse sen limitacións de horarios, nin do lugar de impartición, contando co apoio continuo do noso equipo para atender a calquera dúbida.

✓Apostamos pola aprendizaxe social a través de discusións que poidan darse nun foro posto ao dispor dos nosos usuarios.

MATERIAIS

✓ Documentación en formato PowerPoint da parte teórica do curso.

✓Modelos de formularios e documentos administrativos en formato Word da parte práctica da formación.

✓Documentos en formato Word nos que se acheguen aos funcionarios test e exercicios prácticos para poder llevar a cabo a avaliación da aprendizaxe.

Contacto