Asesoría xurídica online
especializada en dereito administrativo

A asesoría dos concellos e dos particulares na súa relación coa Administración

O Tribunal Constitucional desestima por unanimidade o recurso de inconstitucionalidade interposto contra o Real Decreto para reducir a temporalidade no emprego público.

O Pleno do TC desestimou por unanimidade o recurso de inconstitucionalidade promovido por máis de 50 deputados de Vox contra a Real Decreto-lei 14/2021, de 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Os  deputados de Vox, no seu recurso, solicitaban a declaración da inconstitucionalidade dese decreto ao considerar […]

O Tribunal Supremo reitera que os incentivos á xubilación anticipada acordados polas corporacións locais non son válidos.

O Tribunal Supremo reiterou que as gratificacións por xubilación anticipada establecidas nos acordos das entidades locais teñen o carácter de retribución e, polo tanto, só poderían considerarse legalmente xustificadas se se basean nunha norma legal xeral sobre a remuneración dos funcionarios da administración local. A citada sentenza destaca que aínda que a disposición adicional 21a […]

O Tribunal  Supremo pon límites á entrada e rexistro domiciliario por parte de Facenda.

O TS manifestou a través da sentenza de 29 de setembro de 2023 (recurso de casación 4542/2021, ECLI:ES:TS:2023:3978), que Facenda non poderá acceder ao contido dos dispositivos electrónicos persoais dos contribuíntes (móbiles, computadores, memorias…), salvo en determinados casos, e sempre baixo un estrito control xudicial. Así, o Alto Tribunal casa e anula a sentenza emitida […]